Zapireza - herba_luisa_portada-ts20260623102718817177.jpg


ONDE TODO COMEZA


Antes de crear, observo.

As formas dunha folla, o xogo dunha sombra no chan, a textura dun papel ou a memoria dun lugar poden converterse no inicio dunha idea.

A natureza marca o trazo, suxire direccións e dá forma a ilustracións, papelaría e pezas únicas.

Porque as veces crear non consiste en impoñer unha idea, senón en aprender a mirar.

Zapireza - a_somoza_a_estrada-ts20260611094226520299.jpg


O QUE FAGO


Transformo ideas, recordos e emocións en pezas feitas con calma.

Cada proxecto é diferente e merece o seu propio tempo. Gústame acompañar o proceso dende o principio, escoitar a historia que hai detrás, debuxar, probar materiais, escoller
acabados e pensar en cada pequeno detalle.

Creo ilustracións, papelaría e pezas persoalizadas que buscan transmitir algo máis que beleza. Buscan un vínculo, un significado especial para quen as recibe.

Nada está elixido ao azar. Cada trazo, cada papel e cada decisión forman parte dunha creación pensada para perdurar e ser lembrada.

Traballo con papeis elavorados a partir de subprodutos agrícolas procedentes da uva, do
millo, da herba e de outros materiais naturais, escollendo cada un deles polo que é e polo que pode chegar a ser.

Estes papeis combinan fibras recicladas e celulosa procedente de bosques ben xestionados, certificados FSC e procesos de producción responsables.

O resultado é un material máis consciente, que reduce o impacto ambiental e forma parte activa da propia narrativa das pezas.



Zapireza - o_que_fago_zapireza_estudio-ts20260716083930730851.jpg
Zapireza - logo-andurin-a-ts20260611102048778356.pngDescobre os papeis que dan vida ás miñas creacións.

Nada se perde

Cada pequeno recorte que sobra durante o proceso de creación gárdase e transfórmase de novo en papel elaborado a man no meu estudio. Un xeito de aprobeitar os materiais ata o
final e de seguir creando pezas únicasa partir do que parecía ter rematado o seu camiño.

Creo que a sostibilidade tamén está nos pequenos xestos e nas decisións que tomamos mentres creamos.

Dar unha segunda vida ao papel tamén é unha maneira de contar unha nova historia

Zapireza - nada_se_perde-ts20260716090053371578.jpg
Zapireza - 1781028573444-ts20260716090112285291.jpg

Ilustración e pezas

As plantas que ilustro non son aleatorias, escollo aquelas que teñen un significado ou un simbolismo, recuperando historias, saberes antigos e formas tradicionais de entender a natureza.

A través da acuarela e do debuxo das súas sombras, intento observar cada planta dende distintas perspectivas e reparar no que pasa desapercibido.

Tamén realizo pezas por encarga, pensadas para quen busca algo único e persoal, onde a historia de cada persoa se transforma en imaxe.

[AQUÍ VAI UN VÍDEO]

Zapireza - logo-andurin-a-ts20260611102048778356.pngDescubrir pezas


Vodas e Eventos

Hai momentos que non se repiten e a papelaría que os acompaña tampouco debería ser xenérica.

Deseño invitacións, tarxetas, menús e pezas que forman parte da experiencia dun día especial. As texturas, os materiais e os pequenos detalles contribúen a contar unha
historia única, a vosa.

Cada textura, cada trazo e cada material contribúen a contar unha historia, a vosa.

Zapireza - 1783361657735-ts20260716090419288302.jpg
Zapireza - logo-andurin-a-ts20260611102048778356.pngVer colección

Empresas

Papelaría para marcas con alma.

Cada proxecto ten unha historia que merece ser contada a través dos pequenos detalles. Creo pezas de papelaría sostible e artesanal pensadas para transmitir a esencia da túa
marca e a experiencia que queres ofrecer.

Tarxetas de visita, tarxetas de agasallo, láminas e pósters persoalizados, marcapáxinas, libretas e outras pezas creadas con calma, empregando papeis elaborados a partir de residuos agrícolas e materiais naturais.

Porque ás veces unha pequena peza de papel é capaz de contar toda unha historia.

Zapireza - chuttersnap-413002-unsplash-83HqE1.jpg

.

Zapireza - caroline-bertolini-270870-unsplash-1j5FB2.jpg

.

Zapireza - theo-roland-740436-unsplash-WqnWJ3.jpg
Zapireza - logo-andurin-a-ts20260611102048778356.pngVer máis proxectos

ORIXE

Zapireza é unha palabra inventada que forma parte da memoria familiar.

Cando meu pai era pequeno, inventou unha palabra para nomear a unha ferramenta que non lembraba. Aquel erro convertiuse nunha anécdota familiar e co tempo, quedou gardada como algo especial.

Anos despois, cando eu buscaba nome para o meu estudio, ese recordo volveu a min. Entendín que hai palabras que non se escollen ao azar, permanecen agochadas e atópanse no momento axeitado.

A anduriña está ligada a miña nai e as tardes de verán na casa dos meus avós, vendo como voaban e xogaban libres no ceo. É un símbolo de fogar e de regreso.

Zapireza e anduriña son, en definitiva, memoria, familia e pertenza.

Zapireza - logo-andurin-a_transp-ts20260623144326137558.png