
ONDE TODO COMEZA
Antes de crear, observo.
As formas dunha folla, o xogo dunha sombra no chan, a textura dun papel ou a memoria dun lugar poden converterse no inicio dunha idea.
A natureza marca o trazo, suxire direccións e dá forma a ilustracións, papelaría e pezas únicas.
Porque as veces crear non consiste en impoñer unha idea, senón en aprender a mirar.

O QUE FAGO
Transformo ideas, recordos e emocións en pezas feitas con calma.
Cada proxecto é diferente e merece o seu propio tempo. Gústame acompañar o proceso dende o principio, escoitar a historia que hai detrás, debuxar, probar materiais, escoller
acabados e pensar en cada pequeno detalle.
Creo ilustracións, papelaría e pezas persoalizadas que buscan transmitir algo máis que beleza. Buscan un vínculo, un significado especial para quen as recibe.
Nada está elixido ao azar. Cada trazo, cada papel e cada decisión forman parte dunha creación pensada para perdurar e ser lembrada.
Traballo con papeis elavorados a partir de subprodutos agrícolas procedentes da uva, do
millo, da herba e de outros materiais naturais, escollendo cada un deles polo que é e polo que pode chegar a ser.
Estes papeis combinan fibras recicladas e celulosa procedente de bosques ben xestionados, certificados FSC e procesos de producción responsables.
O resultado é un material máis consciente, que reduce o impacto ambiental e forma parte activa da propia narrativa das pezas.

Descobre os papeis que dan vida ás miñas creacións.Nada se perde
Cada pequeno recorte que sobra durante o proceso de creación gárdase e transfórmase de novo en papel elaborado a man no meu estudio. Un xeito de aprobeitar os materiais ata o
final e de seguir creando pezas únicasa partir do que parecía ter rematado o seu camiño.
Creo que a sostibilidade tamén está nos pequenos xestos e nas decisións que tomamos mentres creamos.
Dar unha segunda vida ao papel tamén é unha maneira de contar unha nova historia


Ilustración e pezas
As plantas que ilustro non son aleatorias, escollo aquelas que teñen un significado ou un simbolismo, recuperando historias, saberes antigos e formas tradicionais de entender a natureza.
A través da acuarela e do debuxo das súas sombras, intento observar cada planta dende distintas perspectivas e reparar no que pasa desapercibido.
Tamén realizo pezas por encarga, pensadas para quen busca algo único e persoal, onde a historia de cada persoa se transforma en imaxe.
[AQUÍ VAI UN VÍDEO]
Descubrir pezasVodas e Eventos
Hai momentos que non se repiten e a papelaría que os acompaña tampouco debería ser xenérica.
Deseño invitacións, tarxetas, menús e pezas que forman parte da experiencia dun día especial. As texturas, os materiais e os pequenos detalles contribúen a contar unha
historia única, a vosa.
Cada textura, cada trazo e cada material contribúen a contar unha historia, a vosa.

Ver colecciónEmpresas
Papelaría para marcas con alma.
Cada proxecto ten unha historia que merece ser contada a través dos pequenos detalles. Creo pezas de papelaría sostible e artesanal pensadas para transmitir a esencia da túa
marca e a experiencia que queres ofrecer.
Tarxetas de visita, tarxetas de agasallo, láminas e pósters persoalizados, marcapáxinas, libretas e outras pezas creadas con calma, empregando papeis elaborados a partir de residuos agrícolas e materiais naturais.
Porque ás veces unha pequena peza de papel é capaz de contar toda unha historia.

.

.

Ver máis proxectosORIXE
Zapireza é unha palabra inventada que forma parte da memoria familiar.
Cando meu pai era pequeno, inventou unha palabra para nomear a unha ferramenta que non lembraba. Aquel erro convertiuse nunha anécdota familiar e co tempo, quedou gardada como algo especial.
Anos despois, cando eu buscaba nome para o meu estudio, ese recordo volveu a min. Entendín que hai palabras que non se escollen ao azar, permanecen agochadas e atópanse no momento axeitado.
A anduriña está ligada a miña nai e as tardes de verán na casa dos meus avós, vendo como voaban e xogaban libres no ceo. É un símbolo de fogar e de regreso.
Zapireza e anduriña son, en definitiva, memoria, familia e pertenza.
